martes, 31 de marzo de 2020

Notas do segundo trimestre e outras aclaracións.

O venres 3, vosos pais poderán ver por Abalar as notas do segundo trimestre. No caso concreto de HMC calculáronse en función do único exame que puidemos facer, tendo en conta ademais os traballos: Ese punto repartiuse a razón dun 75% para o traballo do libro de lectura, e o 25% restante para as “Cartas da Primeira Guerra Mundial” tal e como cometamos na clase.

Con vistas a ter unha mínima planificación do traballo para cando nos reincorporemos ás clases, a miña idea é facer o exame que estaba previsto (temas 9, 10 e 11) o antes posible. Tamén faremos a recuperación o antes posible.

Os temas 12 e 13 unifiqueinos, recortando gran parte do 13 que xa vimos en temas anteriores ou veremos nos seguintes; polo que vos recomendo que o estudedes polos apuntes que colguei en Drive. Cando reanudemos as clases, sobre estes temas pasaremos moi rápido (dúbidas e pouco máis). Tedes gravadas as explicacións nos sucesivos vídeos, que fun mellorando e acortando (A calidade non é demasiado boa, pero tedes que ter en conta que eu nunca antes gravara un vídeo. Ao final todos imos aprender algo desta crise).

O 10% da nota da terceira avaliación, correspondente a traballos, resolverémolo basicamente coa “pecha kucha” que vos mandei facer. Se a queredes ir preparando, podedes utilizar como base a versión do tema 16 que vos subín a Drive.

Agora empezan as vacacións de Semana Santa e, aínda que sone raro nestas circunstancias, debemos facelas, polo que entre o 3 e o 14 de abril deixamos de mandarnos cousas.

Coidádevos e boas vacacións (aínda que sone raro).



Temas 12 e 13. Ultimo vídeo. A Unión Europea

Último vídeo

Temas 12 e 13. Sexto vídeo

Sexto vídeo

xoves, 26 de marzo de 2020

Pecha Kucha para o terceiro trimestre.

Unha  ペチャクチャ  é un sistema para facer presentacións, inventado por dous arquitectos xaponeses, non apto para  “rollistas”. Consiste en utilizar unicamente 20 diapositivas, tendo que presentar cada unha delas nun máximo de 20 segundos. Ou sexa, a exposición total pode durar un máximo de sete minutos.
O tema, a escoller, será un dos conflitos que se desenvolven actualmente no mundo. Acabo de subir a Drive o tema 16, onde figuran os principais conflitos recentes e do mundo actual.
O traballo poderase realizar individualmente ou por parellas. No caso de realizalo por parellas, comunicándovos por medios telemáticos, a puntuación final incrementarase en 1 punto.

Pasos a seguir:

§ Escolledes un conflito e comunicádesmo ao enderezo de correo gasparxeografiahistoria@gmail.com , indicándome tamén se é individual ou por parellas. Prazo máximo de comunicación: 20 de abril.
§     Unha vez aceptado, realizaredes as 20 diapositivas (nin máis nin menos) en formato Power Point ou similar, que deberan conter mapas, imaxes, e o mínimo texto posible.
§  Realizadas as diapositivas enviarédesme a presentación ao mesmo enderezo detallado arriba, antes do 25 de maio.
§       A presentación, así realizada, será exposta na clase nunha data a determinar


Avaliación: a presentación puntuará un 50% do total, e a exposición oral outro 50%





Temas 12 e 13. Cuarto vídeo de clase

Vídeo

martes, 24 de marzo de 2020

Novas

Acabo de subir á carpeta de Drive o tema 15: América Latina.
Aínda que nos queda bastante para chegar a el, comentarvos que se trata dunha versión resumidísima do tema 15, onde só nos centramos na evolución de América Latina, e que está baseada principalmente no manual da Editorial Baía. O que figura nos apuntes será o que veremos.


luns, 23 de marzo de 2020

Composición para entregar.

Esta semana rematarei de colgar os vídeos sobre a Guerra Fría. A semana que ven imos dedicala a preparar este tema, para o cal deberedes acceder á composición histórica sobre a Guerra Fría que está colgada na carpeta compartida de Drive.
Esta composición deberedes mandarma a través de correo electrónico antes do día 4 de abril, día no que empezan as vacacións de Semana Santa. Quero que estea redactada coas vosas palabras e que non vos dediquedes a buscar textos na rede para facer copia e pega.


Temas 12 e 13. Terceiro vídeo de clase

Este vídeo é moi longo, pero preferín non partilo. Pero como podedes ir parando e vendoo por partes, non hai problema.

Terceiro vídeo

venres, 20 de marzo de 2020

Máis películas

Películas sobre a época da Guerra Fría e a descolonización.

1. Trece días (Thirteen Days) | 2000
Sobre a crise dos mísiles de Cuba.

2. La vida de los Otros (Das Leben der Anderen) | 2007
Sobre a vida na República Democrática Alemá

3. La Batalla de Argel (La battaglia di Algeri) | 1978
Sobre a descolonización de Alxeria.

4. Apocalypse Now | 1979
Sobre Vietnam

5. La chaqueta metálica |
Sobre Vietnam

12. Indochina (Indochine) | 1992

Películas 2ª Guerra Mundial

Que tal? Como o levades? Moi aburridos?
Tiña pensado que, na clase vísemos unha película, pero non puido ser.
Así que paso a recomendarvos unha serie de películas para estos días, relacionadas coa Segunda Guerra Mundial, por se vos apetece ver algunha.
O ano pasado puxemos na clase "Hasta el último hombre" e este ano pensaba poñervos "El hundimiento".

1. Dunkirk (Dunkerque) | Christopher Nolan, 2017.
2. Patton (Patton) | Franklin J. Schaffner, 1970.
3. Enemy at the Gates (Enemigo a las puertas) | Jean-Jacques Annaud, 2001.
4. Saving Private Ryan (Salvar al soldado Ryan) | Steven Spielberg, 1998.
5. Pearl Harbor (Pearl Harbor) | Michael Bay, 2001.
6. Hacksaw Ridge (Hasta el último hombre) | Mel Gibson, 2016.
7. Das Boot (El submarino) | Wolfgang Petersen, 1981.
8. The Pianist (El pianista) | Roman Polanski, 2002.
9. Der Untergang (El hundimiento) | Oliver Hirschbiegel, 2004.
10. Valkyrie (Valkiria) | Bryan Singer, 2008.
11. The Great Escape (La gran evasión) | John Sturges, 1963.
12. Schindler’s List (La lista de Schindler) | Steven Spielberg, 1993.

13. ¿Vencedores o vencidos? (Judgment at Nuremberg) | 1961

14. MacArthur. El general rebelde | 1977

mércores, 18 de marzo de 2020

Novo tema subido a Drive.

Acabo de subir a Drive o tema 14: Descolonización e terceiro mundo, con bastantes variantes respecto do libro de texto. 
Persoalmente recoméndovos que cando estudedes o tema 12, despois de darlle unha primeira lectura, leades tamén o 14, xa que ao referirse ao mesmo período temporal, aínda que tratando distintos aspectos da mesma realidade, un axuda a comprender o outro.
Para a semana que ven continuarei coa carga de vídeos con gravación das clases (aula invertida). Recoméndovos que vaiades seguindo estes vídeos porque, cando se reanuden as clases, case non nos pararemos nestes temas, remitíndovos ás gravacións en vídeo.

Ánimo, e boa fin de semana de ponte.

Temas 12 e 13. Segundo vídeo

Temas 12 e 13. 2º vídeo

domingo, 15 de marzo de 2020

Novo material subido a Google Drive

Acabo de subir á carpeta compartida de Drive unha nova composición, para quen queira practicar un pouco. Corresponde ao tema 12.
Acabo de subir tamén un documento cos temas 12 e 13. Destacar que o subido, relativo ao tema 12, correspóndese, máis ou menos co libro. Con respecto ao correspondente ao 13 hai grandes diferencias, que supoñen podalo bastante, xa que bastantes dos epígrafes son tratados no 12, ou o serán máis adiante. O que figura no documento refírese basicamente aos Acordos de Bretton Woods, a Crise do Petróleo e o Proceso de Unificación Europea, sendo o tratamento deste último capítulo bastante diferente ao do libro de texto.
En breve subirei un vídeo rematando o tema da Segunda Guerra Mundial.

Imos facendo algo, que se non esta cuarentena vai resultar moi aburrida!!!!!😂

sábado, 14 de marzo de 2020

Continuación da actividade académica mentres estean suspendidas as clases

Tal e como lles comentei aos compañeiros que acudiron o venres, imos continuar a nosa actividade por medios telemáticos. En breve gravarei un vídeo para rematar o tema 11, que espero ter colgado o luns.
Con respecto aos temas 12 e 13, imos refundilos nun só tema, eliminando bastantes cousas duplicadas do tema 13, e incidindo un pouco máis na construción europea.
Espero ter tamén para luns ou martes preparado o material, que subirei á carpeta de Google Drive en formato pdf. Para aqueles de vos que aínda non tivestes interese en agregarvos á carpeta compartida, podedes facilitarme o voso enderezo de Gmail e agrégovos. 
Para a mandarme o voso correo, ou calquera tipo de consulta, podedes utilizar, preferentemente, o seguinte enderezo de correo: gasparxeografiahistoria@gmail.com
A medida que saibamos algo relativo a exames, avaliacións, etc. iréivolo comunicando por este medio.

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...