xoves, 26 de marzo de 2020

Pecha Kucha para o terceiro trimestre.

Unha  ペチャクチャ  é un sistema para facer presentacións, inventado por dous arquitectos xaponeses, non apto para  “rollistas”. Consiste en utilizar unicamente 20 diapositivas, tendo que presentar cada unha delas nun máximo de 20 segundos. Ou sexa, a exposición total pode durar un máximo de sete minutos.
O tema, a escoller, será un dos conflitos que se desenvolven actualmente no mundo. Acabo de subir a Drive o tema 16, onde figuran os principais conflitos recentes e do mundo actual.
O traballo poderase realizar individualmente ou por parellas. No caso de realizalo por parellas, comunicándovos por medios telemáticos, a puntuación final incrementarase en 1 punto.

Pasos a seguir:

§ Escolledes un conflito e comunicádesmo ao enderezo de correo gasparxeografiahistoria@gmail.com , indicándome tamén se é individual ou por parellas. Prazo máximo de comunicación: 20 de abril.
§     Unha vez aceptado, realizaredes as 20 diapositivas (nin máis nin menos) en formato Power Point ou similar, que deberan conter mapas, imaxes, e o mínimo texto posible.
§  Realizadas as diapositivas enviarédesme a presentación ao mesmo enderezo detallado arriba, antes do 25 de maio.
§       A presentación, así realizada, será exposta na clase nunha data a determinar


Avaliación: a presentación puntuará un 50% do total, e a exposición oral outro 50%





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...