mércores, 17 de xuño de 2020

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue:

Haberá un exame único para todo 1º Bach (A, B, C e D), no que haberá dúas opcións: unha segundo o modelo que viñan utilizando os de B, e outra segundo o de A-C-D. Independentemente do grupo, poderedes escoller calquera das dúas opcións.

Para os alumnos de A-C-D que teñan algunha avaliación aprobada, haberá unha opción a maiores na que só se preguntarán estándares da avaliación suspensa.

O formato será: 30 preguntas tipo test (3 puntos), dúas preguntas curtas (1 punto cada unha) e unha composición histórica a elixir entre dúas (5 puntos).

Na carpeta compartida de Google Drive colgarei máis material (fundamentalmente composicións históricas). Tamén tedes no blog instrucións sobre como facer as composicións, vídeos, etc...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...