martes, 31 de marzo de 2020

Notas do segundo trimestre e outras aclaracións.

O venres 3, vosos pais poderán ver por Abalar as notas do segundo trimestre. No caso concreto de HMC calculáronse en función do único exame que puidemos facer, tendo en conta ademais os traballos: Ese punto repartiuse a razón dun 75% para o traballo do libro de lectura, e o 25% restante para as “Cartas da Primeira Guerra Mundial” tal e como cometamos na clase.

Con vistas a ter unha mínima planificación do traballo para cando nos reincorporemos ás clases, a miña idea é facer o exame que estaba previsto (temas 9, 10 e 11) o antes posible. Tamén faremos a recuperación o antes posible.

Os temas 12 e 13 unifiqueinos, recortando gran parte do 13 que xa vimos en temas anteriores ou veremos nos seguintes; polo que vos recomendo que o estudedes polos apuntes que colguei en Drive. Cando reanudemos as clases, sobre estes temas pasaremos moi rápido (dúbidas e pouco máis). Tedes gravadas as explicacións nos sucesivos vídeos, que fun mellorando e acortando (A calidade non é demasiado boa, pero tedes que ter en conta que eu nunca antes gravara un vídeo. Ao final todos imos aprender algo desta crise).

O 10% da nota da terceira avaliación, correspondente a traballos, resolverémolo basicamente coa “pecha kucha” que vos mandei facer. Se a queredes ir preparando, podedes utilizar como base a versión do tema 16 que vos subín a Drive.

Agora empezan as vacacións de Semana Santa e, aínda que sone raro nestas circunstancias, debemos facelas, polo que entre o 3 e o 14 de abril deixamos de mandarnos cousas.

Coidádevos e boas vacacións (aínda que sone raro).



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...