Este exercicio consiste en facer unha análise e reflexión sobre a actual crise sanitaria, social e económica, principalmente desde o punto de vista do respecto dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas. Para iso debes ler o artigo recomendado, e comentalo en aproximadamente dúas cariñas de folio apoiándote no estudado este curso na materia de Historia do Mundo Contemporáneo.
Podes apoiarte no visto cando tratamos:
· As crises de subsistencia previas do Antigo Réxime.
· O ideario da Ilustración.
· A Constitución dos EE.UU.
· As Declaración de Dereitos do Home e co Cidadán de 1789.
· O ideario das Revolucións Liberais do século XIX.
· O liberalismo económico e o marxismo.
· As respostas que deron os países á crise de 1929.
· O ascenso e chegada ao poder dos totalitarismos.
· A Guerra Fría, e máis en concreto o respecto aos dereitos humanos no bloque socialista e o episodio da Caza de Bruxas nos EE.UU.
· A Unión Europea.
· E aínda que, de momento, non o tratamos, a Globalización.
Data límite de entrega: 5 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario