domingo, 3 de maio de 2020

Comentario de artigo xornalístico.

Artigo de El Confidencial
Este exercicio consiste en facer unha análise e reflexión sobre a actual crise sanitaria, social e económica, principalmente desde o punto de vista do respecto dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas. Para iso debes ler o artigo recomendado, e comentalo en aproximadamente dúas cariñas de folio apoiándote  no estudado este curso na materia de Historia do Mundo Contemporáneo.

Podes apoiarte no visto cando tratamos:

·      As crises de subsistencia previas do Antigo Réxime.
·      O ideario da Ilustración.
·      A Constitución dos EE.UU.
·      As Declaración de Dereitos do Home e co Cidadán de 1789.
·      O ideario das Revolucións Liberais do século XIX.
·      O liberalismo económico e o marxismo.
·      As respostas que deron os países á crise de 1929.
·      O ascenso e chegada ao poder dos totalitarismos.
·      A Guerra Fría, e máis en concreto o respecto aos dereitos humanos no bloque socialista e o episodio da Caza de Bruxas nos EE.UU.
·      A Unión Europea.

·      E aínda que, de momento, non o tratamos, a Globalización.

Data límite de entrega: 5 de xuño.

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...