venres, 24 de abril de 2020

Exames de recuperación do 2º trimestre, e excepcionalmente do 1º

Dadas as actuais circunstancias e, tal e como vos anunciei nas videoconferencias, nos casos en que sexa posible, imos facer exames orais de recuperación do 2º trimestre por videoconferencia

O procedemento será o seguinte:

1.     O alumno contactará co profesor por correo electrónico (gasparxeografíahistoria@gmail.com), ata o venres 30 de abril, manifestándolle a súa disposición a facer o exame e propoñendo día.
2.     O profesor enviaralle, a volta de correo,  unha composición histórica, relativa á materia do exame, que o alumno deberá facer (manuscrita), escanear ou fotografar de forma que sexa lexible, e mandarlla por correo electrónico ao profesor, con suficiente antelación para a súa corrección. Esta composición contará un 10% (1 punto) da nota do exame.
3.     Se a devandita composición está aprobada, pasarase a fixar hora para facer o exame.
4.     Caso de non estar aprobada, o profesor enviaralle ao alumno outra composición, e volvería a iniciarse o proceso.
5.     O modelo de exame será o mesmo que se utilizou na avaliación: 3 puntos en preguntas tipo test, 1 punto de unha pregunta curta, e 5 puntos nunha composición histórica a escoller entre dúas. O punto restante corresponderá á composición a facer na casa previamente.

Excepcionalmente, aqueles alumnos que teñan aprobada a 2ª avaliación e suspensa a primeira, poderán recuperar a primeira seguindo o procedemento anterior. O modelo de exame será o utilizado na 1ª avaliación: 4 puntos en preguntas curtas e 5 na composición.

Os alumnos que teñan as dúas suspensas deberán empezar pola segunda e, unha vez superada, poderán examinarse da primeira.


En función da evolución dos acontecementos, determinarase a maneira de facer o exame final.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...