Blog do profesor de Historia do Mundo Contemporáneo. 1º Bach. IES Sanxillao. Curso 2019/2020
martes, 28 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
Exames de recuperación do 2º trimestre, e excepcionalmente do 1º
Dadas as actuais circunstancias e, tal e como vos anunciei nas videoconferencias, nos casos en que sexa posible, imos facer exames orais de recuperación do 2º trimestre por videoconferencia
O procedemento será o seguinte:
1. O alumno contactará co profesor por correo electrónico (gasparxeografíahistoria@gmail.com), ata o venres 30 de abril, manifestándolle a súa disposición a facer o exame e propoñendo día.
2. O profesor enviaralle, a volta de correo, unha composición histórica, relativa á materia do exame, que o alumno deberá facer (manuscrita), escanear ou fotografar de forma que sexa lexible, e mandarlla por correo electrónico ao profesor, con suficiente antelación para a súa corrección. Esta composición contará un 10% (1 punto) da nota do exame.
3. Se a devandita composición está aprobada, pasarase a fixar hora para facer o exame.
4. Caso de non estar aprobada, o profesor enviaralle ao alumno outra composición, e volvería a iniciarse o proceso.
5. O modelo de exame será o mesmo que se utilizou na avaliación: 3 puntos en preguntas tipo test, 1 punto de unha pregunta curta, e 5 puntos nunha composición histórica a escoller entre dúas. O punto restante corresponderá á composición a facer na casa previamente.
Excepcionalmente, aqueles alumnos que teñan aprobada a 2ª avaliación e suspensa a primeira, poderán recuperar a primeira seguindo o procedemento anterior. O modelo de exame será o utilizado na 1ª avaliación: 4 puntos en preguntas curtas e 5 na composición.
Os alumnos que teñan as dúas suspensas deberán empezar pola segunda e, unha vez superada, poderán examinarse da primeira.
En función da evolución dos acontecementos, determinarase a maneira de facer o exame final.
martes, 21 de abril de 2020
sábado, 18 de abril de 2020
Exercicio de entrega obrigatoria 3º Trimestre
Acabo de subir a Drive unha nova composición histórica relativa ao crecemento económico da etapa de posguerra e a crise do petróleo.
Este é un exercicio avaliable que deberá ser entregado a través do enderezo de correo electrónico gasparxeografiahistoria@gmail.com antes do 30 de abril de 2020.
mércores, 15 de abril de 2020
martes, 14 de abril de 2020
sábado, 11 de abril de 2020
Titorial para videoconferencias
Vídeo titorial
Déixovos este titorial da consellería para as videoconferencias. Para a semana que ven avisareivos, a traves do blog e do Abalar Móbil dos vosos pais, para celebrar unha de proba. Despois seguiremos celebrándoas periodicamente.
Boas vacacións.
Déixovos este titorial da consellería para as videoconferencias. Para a semana que ven avisareivos, a traves do blog e do Abalar Móbil dos vosos pais, para celebrar unha de proba. Despois seguiremos celebrándoas periodicamente.
Boas vacacións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Recomendacións para preparar o exame de setembro:
Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...
-
Vídeo de Sala i Martín