O traballo consistirá en poñerse na pel dalgún soldado, oficial, enfermeira, ou calquera outro protagonista, de calquera dos bandos, da Primeira Guerra Mundial, e escribir unha carta á familia, noiva, esposa, etc...
Na carta relataranse, en primeira persoa, as súas vivencias, inquietudes, penalidades, tratando de que reflexe o ambiente que se vive na fronte ou onde queira que se atope o protagonista.
A carta será manuscrita sobre papel a unha soa cara, e terá unha extensión máxima de dous folios.
Valoraranse:
· Os aspectos estéticos e formais da carta. (2,5 puntos)
· Correcta redacción e ortografía. (2,5 puntos)
· Ambientación histórica e xeográfica. (5 puntos)
Data límite de entrega: 28 de febreiro de 2020
Data límite de entrega: 28 de febreiro de 2020
As cartas exporanse nos corredores do IES.
A modo de exemplo, relativo á ambientación histórica e xeográfica, imaxinemos un prisioneiro ruso capturado na batalla de Tannenberg (finais de agosto do 14), que escribe á casa tres anos máis tarde, despois de fracasar a ofensiva de Kerensky. Pode falar das súas penalidades, de que se alegra da morte de Rasputín e da caída do tsar, das súas ansias de que triunfe o bolxevismo e remate a guerra, do duros que son os invernos en Prusia Oriental, etc.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario