martes, 5 de novembro de 2019

Pregunta do exame desenvolvida

PREGUNTA 2. Explica brevemente que entendes por Antigo Réxime, citando as súas principais características desde os puntos de vista económico, demográfico, político e social (1 punto)

Chamamos Antigo Réxime ao conxunto de estruturas económicas, políticas e sociais que prevaleceron na Europa anterior á Revolución Francesa.
A sociedade dividíase en base ao privilexio, tanto xurídico como económico, en privilexiados (nobreza e clero), e non privilexiados (terceiro estado: burguesía, campesiñado, etc.).
A maior parte da poboación vivía no campo. A economía estaba baseada nunha agricultura de subsistencia. Por contra, comercio e industria tiñan escasa importancia (pequenos obradoiros artesanais nas cidades).
As taxas de mortalidade e natalidade eran altísimas, dando lugar a un crecemento vexetativo moi baixo ou nulo.
O réxime político predominante era a monarquía absoluta de dereito divino, aínda que países como Inglaterra ou as Provincias Unidas xa foran evolucionando cara réximes parlamentarios.

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...