Blog do profesor de Historia do Mundo Contemporáneo. 1º Bach. IES Sanxillao. Curso 2019/2020
domingo, 27 de outubro de 2019
martes, 22 de outubro de 2019
sábado, 19 de outubro de 2019
Exercicio para entregar o venres 26/10
Composición histórica:
Traer feita a composición que vos din, relativa a "Os nacionalismos na Europa do século XIX".
Extensión MÍNIMA: dous folios por ambas caras.
Recoméndase ler as instrucións no blog e, por suposto, o enunciado do exercicio.
Exercicio avaliable e puntuable para a nota final da avaliación.
Traer feita a composición que vos din, relativa a "Os nacionalismos na Europa do século XIX".
Extensión MÍNIMA: dous folios por ambas caras.
Recoméndase ler as instrucións no blog e, por suposto, o enunciado do exercicio.
Exercicio avaliable e puntuable para a nota final da avaliación.
mércores, 9 de outubro de 2019
sábado, 5 de outubro de 2019
xoves, 3 de outubro de 2019
Lectura para este curso
Os alumnos deberán ler un dos libros relacionados:
1.- Las uvas de la ira. JOHN STEINBECK: a gran novela sobre a Gran Depresión.
2.- Territorio Comanche. ARTURO PÉREZ-REVERTE: narración autobiográfica sobre a guerra de Iugoslavia.
3.- Alí y Nino. KURBAN SAID: novela nacional de Acerbaixán. Historia de amor entre un azerí musulmán e unha xeorxiana cristiá, nos primeiros anos do século XX, marcados pola revolución soviética e o comezo da Gran Guerra.
4.- La marcha de la muerte. CRISTOPHER SUMMERVILLE: Ensaio. Historia da épica e desastrosa retirada do exército inglés de Sir John Moore, a través de Castela e Galicia, durante a Guerra da Independencia.
5.- Adios a las armas. ERNEST HEMINGWAY: novela sobre a Primeira Guerra Mundial en Italia.
6.- El testamento armenio. G.H. GUARCH: novela sobre o xenocidio armenio durante a Primeira Guerra Mundial.
7.- El sueño del celta. MARIO VARGAS LLOSA: novela sobre os horrores do colonialismo no Congo e na Amazonia, así como sobre o proceso de independencia de Irlanda.
8.- La sombra del águila: ARTURO PÉREZ-REVERTE: delirante novela sobre un batallón español que se ve obrigado a combater no exército napoleónico durante a campaña de Rusia.
9.- El factor Churchill: BORIS JOHNSON: biografía de Winston Churchill escrita polo actual primeiro ministro británico.
10.- Izan o da saca: XABIER QUIROGA: novela de intriga sobre os nazis agochados na Ribeira Sacra despois da Segunda Guerra Mundial
Sobre o libro escollido farán un traballo que deberá seguir as seguintes:
PAUTAS PARA PRESENTACIÓN DUN TRABALLO ESCRITO
Aspectos formais:
• Os traballos deben presentarse impresos a dobre cara.
• As páxinas deben ir numeradas a pé de páxina, preferentemente na parte central ou dereita inferior.
• A paxinación non ten en conta a portada.
• O tipo de papel será DIN A-4 e a configuración xustificada, con marxes superior e inferior, esquerda e dereita de 2,5 cm, tipo de letra Arial (ou New Times Roman) de tamaño 12 e interlineado de 1,5.
Contido:
O traballo deberá estruturarse, como mínimo, nas seguintes partes:
◦ Portada: debe ir sen numerar e conter, cando menos, a seguinte información:
▪ Título do traballo (sen subliñar e sen comiñas) .
▪ Imaxe ou fotografía alusiva ao traballo realizado.
▪ Nome e apelidos do/a autor/a do traballo.
▪ Curso e grupo ao que pertence.
▪ Materia para a que realiza o traballo.
▪ Data da elaboración.
▪ Non se debe abusar dos tipos de letras nin na abundancia de cores e tamaños.
◦ Índice de contidos: indica a estrutura do traballo e debe conter os capítulos e seccións ordenados e numerados, en cada capítulo indicarase a páxina onde se poderá atopar. Vai colocado ao comezo, despois da portada. Non se numera pero si se computa.
◦ Introdución: explicación do contido do traballo e descrición dos puntos máis importantes, para ter unha primeira impresión do traballo. (Aínda que vai ao principio, recoméndase elaborala ao final, cando xa se ten unha visión xeral do traballo realizado).
◦ Corpo do traballo: dividido en apartados ou capítulos que se desenvolveron seguindo a planificación trazada previamente. É a parte principal do traballo e tense que redactar seguindo o orde establecido no índice.
◦ Conclusións: destacarase o máis relevante do traballo; o que se aprendeu con el e as dificultades atopadas. Tamén pode conter unha opinión persoal.
◦ Fontes de información: son todas as fontes das que se obtivo información para a elaboración do traballo: libros, revistas, páxinas web, blogs etc. Esta información deberá ser recollida segundo as seguintes pautas:
· Para un libro, citamos: APELIDOS, inicial ou nome do autor (en minúscula). (Ano de publicación). Título en cursiva. Cidade onde se editou. Editorial.
· Para unha páxina web: Nome da páxina en cursiva. Dirección web de onde se extraeu.
· Para un vídeo de Youtube (ou outro sitio web): Autor. Título do vídeo. Dirección de onde se extraeu.
◦ Anexos (opcional): aquela información complementaria ao traballo que facilita a súa comprensión, como gráficos, mapas, estatística, fotografías, etc.
Contido, extensión e puntuación dos apartados:
• Portada e índice: (0,25 puntos)
• Introdución: deberá conter (máximo media cara de folio) (0,5 puntos):
§ Unha referencia bibliográfica completa (autor, título do libro, ano de edición, e editorial)
§ Unha breve introdución biográfica e literaria do autor (breve biografía e mención doutras obras)
§ Dicir de que tipo de texto se trata (narrativo, ensaio, poético, tratado, etc)
• Corpo do traballo: conterá:
§ Resumo do libro: (máximo dúas caras de folio). (4 puntos)
§ Contexto histórico: situar o libro no seu contexto histórico(mínimo media cara, máximo unha cara). (1,5 punto)
§ Contexto xeográfico: Situar xeograficamente o relato (mínimo media cara, máximo unha cara). (0,5 punto)
§ Conclusión con valoración persoal da obra: que deberá incluír (máximo media cara de folio):
- O que aprendiches coa lectura; que pensas que quere reflexar ou destacar o autor co texto?; que valores defende?
- Se che gustou ou non; se o recomendarías, a quen e por que?; se te sentes identificado con algún personaxe; e que foi o que máis che gustou?; e o que menos? (1 punto)
• Bibliografía e webgrafía: citar os libros e webs consultados para realizar o traballo (distintos do propio libro). (0,25 puntos)
Data límite de entrega: 31 de xaneiro de 2020.
Os traballos entregaranse unicamente grampados na parte superior esquerda, sen ningún tipo de encadernación, plastificación ou similar.
Unha vez entregados os traballos, cada alumno fará unha breve exposición verbal na clase (5-10 minutos), diante dos seus compañeiros, relativa ao libro que escolleu.(2 puntos)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Recomendacións para preparar o exame de setembro:
Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...
-
Vídeo de Sala i Martín