mércores, 18 de setembro de 2019

Revoluciones inglesas do século XVII


Vídeo

Trata de negros


Vídeo de Artehistoria

A monarquía absoluta


Vídeo de Artehistoria

Lugo no dicionario de Madoz


Px. 455

Sargadelos


Vídeo TVG

Orientacións para facer composicións en base a textos históricos

Con vistas a irnos preparando para as probas ABAU, imos dar unhas pautas para facer composicións en base a textos históricos:

PRIMEIRA: Unha composición non deixa de ser unha redacción, e para redactar non só hai que ter coñecementos, senón que tamén hai que saber razoar relacionar

SEGUNDA: Os textos, ou mesmo fotos, que se vos dan para facer a redacción son un apoio. En relación con eles NUNCA se debe facer:

ü  Parafrasear os textos nin copialos. Tampouco se debe facer un megarresumen dos mesmos. Non se trata de resumilos, senón de apoiarse neles.
ü  Tampouco se debe abusar de erudición, nin escaparse do contexto (como disto non sei moito, vou falar do que sei!!!!!), senón centrarse na época á que os textos se refiren. Ser concretos.
ü  Aínda que é menos grave, tampouco se debe utilizar unha linguaxe esquemática (a modo de esquema, con guións, puntos, enumeracións, etc.), senón utilizar unha linguaxe narrativa. 

Como cousas OBRIGATORIAS:

ü  Sempre se deben mencionar os documentos (cando menos unha vez cada un), con expresións tales como: “como di o documento 1”, “segundo se reflexa no doc. 2”, ou “como vemos na imaxe 3”. 
ü  É moi recomendable facer unha pequena introdución e, ao final, unha conclusión (4 ou 5 liñas en cada caso) falando de feitos históricos anteriores, na introdución, e posteriores na conclusión. Evidentemente, feitos relacionados co tema da composición e que sirvan para introducila e a modo de colofón. A conclusión pode ir acompañada dunha valoración persoal ou xuízo crítico sobre o periodo analizado.
ü  Débese ser obxectivo e non expresar ideas ou opinións persoais, tipo, por exemplo: “Franco era moi malo”, ou termos polo estilo. Por contra, débense utilizar datos históricos obxectivos. Exemplo: “A represión cobrou unhas 180.000 vidas, das cales 120.000 foron na zona franquista e 60.000 na republicana”. 
ü  Anécdotas históricas divertidas, como por exemplo falar dos amantes de Sabela II, das correrías de Filipe IV, etc, non veñen demasiado a conto nunha composición seria. Poderían ter cabida frases como “moitos asuntos de estado resolvíanse na alcoba real”, por exemplo.

Os pasos a seguir deberían ser os seguintes:

1.    Lectura atenta, tanto do enunciado como dos textos, e subliñado dos mesmos.
2.    Localización cronolóxica.
3. Sen que se plasme na composición, co obxecto de facilitar o análise, é recomendable clasificar o texto: autor; se sé trata dunha fonte primaria ou secundaria (obra dun historiador); cualificalo segundo o seu contido e forma (texto xurídico, político, económico, social) e polo seu destinatario (público ou privado).
4.    Análise: Sinalar as ideas principais, e xerarquizalas (sen plasmalo na composición).
5.  Redactar a composición, comentario e interpretación: segundo as pautas antes descritas.

Sociedade do Antigo Réxime


vídeo

Real Cédula de Carlos III


Modelo de transición demográfica


Tiro ao pobre

La loca historia del mundo

Recomendacións para preparar o exame de setembro:

Se as circunstancias sanitarias o permiten, e hai exames presenciais, o de HMC será como segue: Haberá un exame único para todo 1º Bach...